jueves, 6 de marzo de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVES POR CLUBES
Hipodromo de la Zarzuela (Madrid) 02/03/2008


Se fai uns días, os atletas do equipo sénior de cross fixeron historia no Campionato Galego de campo a través, por primeira vez na historia do club, o lograr o terceiro posto, volvese a facer historia coa participación do equipo no “Campionato de España de campo a través por clubes”.
O Hipódromo de la Zarzuela en Madrid acolleu este espectacular campionato, cerca de 2.400 atletas y 177 clubs de toda España, un circuíto en moi boas condicións e unha boa climatoloxía que acompañou os atletas e o numeroso publico alí congregado.
Os nosos atletas participarían na carreira do cross largo sénior, unha carreira cun gran nivel, onde se encontraban a elite española do cross, nomes ilustres como De la Ossa(o gran dominador da proba), Alberto García, Castillejo, Eliseo Martín, Julio Rey, Ayad Lamdassem, Hicham Chatt, Abdelhadi el Mouaziz o los atletas gallegos Jesús de la Fuente, Pedro Nimo, entre outros atletas. O la presenza do equipo ADIDAS, que volvería a vencer, que no seu curriculum ten 7 títulos europeos e 10 de campión de España.
O equipo cumpriu o seu obxetivo, acabar todos, para poder puntuar e poñer o club na clasificación do campionato sen importar o posto, onde de 51 equipo iniciais, remataron 45 e o noso club seria o 42º.
No apartado individual Gilberto Álvarez, seria o noso mellor atleta rematando no posto 100º, o resto do equipo rematarían da seguinte forma, Elpidio Gomez 177º, Alberto Asensio 223º, Javier Fernández 227º e Miguel Angel Álvarez 232º e tamén participou Salvador Gamarra.
O atletismo valdeorrés non so queda na participación do club, Eva Arias, atleta valdeorresa nas filas do ” Valencia Terra i Mar” remataría 27ª no cross curto e o seu equipo proclamaríase campión de España.
O club quérelle dar a grazas os atletas que foron a Madrid e a os que non puideron ir, polo seu esforzo.
Con este Campionato ponse fin a mellor tempada de cross da historia do club.
Parabens, amigos…


No hay comentarios: