jueves, 3 de abril de 2008

RESULTADOS

1ª XORNADA PREVIA DE ATLETISMO ESCOLAR
Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco) 29/03/2008

O sábado nas pistas de atletismo de "Calabagueiros", cun tempo primaveral e cunha organización excelente, celebrouse a 1ª xornada previa de atletismo escolar cunha sorprendente e grata participación de nenos e nenas.

As pistas de atletismo cunha gradas cheas de pais, familiares e amigos que cos nosos berros de alento e miradas de orgullo viamos como os nenos disfrutaban co deporte.

Esa tarde saiamos das pistas ca satisfacción de poder ver unha competición en O Barco, de ver que o atletismo nesta comarca crece dia a dia e como os nenos se esforzan para demostrarnos que o importante non é gañar, se non, chegar a meta.

Destacar a participación de atletas do "Ben Cho Sey" de Pereiro, xenialmente dirixidos polo noso amigo Germán, tamen houbo atletas da Escola municipal de atletismo de Ourense e os nosos amigos do Bierzo co Atletismo Ponferrada.

CARREIRA POPULAR DE A MERCA
A Merca 30/03/2008

"Manuel Prieto imponse na popular de A Merca"
Volta forte Manuel tras unha lesión que o mantivo apartado das competicións, perdéndose a mais importantes o Campionato Galego de cross e a oportunidade de disputar o Campionato de España de cross de clubs.
Na popular de A Merca, Manuel Prieto e o seu compañeiro de equipo Elpidio Gomez, foron deixando atrás os seus rivais cun forte ritmo , chegando os metros finais ambos atletas resultando vencedor da proba Manuel sobre o seu compañeiro Elpidio.
Nesta carreira tamén participou o atleta pontevedrés afincado en O Barco Jonathan Rodríguez.
Na carreira de menores na categoría feminina tería outra atleta do club como vencedora, a atleta de Xinzo Tania Prieto.


10KM CIDADE UNIVERSITARIA
Vigo 30/03/2008

“10 Km Cidade Universitaria” en Vigo, nunha proba de gran calidade onde participaban atletas galegos e atletas portugueses, un circuíto moi exixente polas calles do campus de Vigo e o día frío o atleta Ruben Marcos León, foi a nosa representación rematando no posto 88º e invertendo un tempo de 39’ 17”, o rematar a proba Ruben comentábanos a súa ledicia “a pesar do frío e do vento que había acabei 88º e puiden baixar dos 40 minutos nos 10 km en ruta por primeira vez na miña vida. Espero que este esforzo non me pase factura en la VigBay .”


RESULTADOS

2 comentarios:

Unknown dijo...

Enhorabuena Rubén !!!

Anónimo dijo...

Club "Ben Cho Sey".....¿ De Pereiro de Aguiar?