Vigo 18 de abril do 2009
"XORNADA HISTORICA PARA O CLUBE ADAS PROINOR EN BALAIDOS. OS HOMES 4ºS E AS MULLERES 5ªs NO GALEGO DE CLUBES"
Celebrouse o pasado sábado no Estadio de Balaídos en Vigo, o tradicional Campionato Galego de clubes absolutos, cuns resultados excepcionais para os nosos deportistas.
Se a nivel de equipos, os resultados foron moi bós, co 4º e 5º posto en homes e en mulleres, respectivamente, a nivel individual, os compoñentes e as compoñentes dos equipos valdeorreses nos ofreceron un espectáculo excepcional.
Sería difícil destacar nesta crónica a uns ou a outras , porque todos melloraron con creces as expectacións que tiñamos antes de comezar a proba.
Sen embargo é inevitable nomear algúns de eles, en homes, debutaba despois da lesión Luis Moro, quen non defraudou e acadaba a victoria con 4.80 m. Tamén debutaba co Adas o nixeriano N´kami Edu, quen non defraudou as expectativas, e realizou unha exhibición en 400m.l e 200 m.l, probas que gañou con autoridade.
Os saltos foron sen dúbida do mellor do club Mario Romano acadaba dous terceiros en triple e lonxitude e melloraba as súas marcas, mentres que Enrique aseguraba en altura unhos valiosos puntos. Os lanzamentos foron moi regulares, Luis, como sempre, cerca dos 60 m na xabalina, Carlitos moi ben no seu debut con 43 m no martelo e Suso e Lareo inconmensurables en peso e disco,este último con casi 40 m.. Mención aparte para Marcos Carracedo, que volveu a darnos unha leccion de pundonor na marcha, mentres os relevos sumaban uns puntos moi necesarios(Vicente, Ferradanes, Agustín e Víctor) (Asensio,Javi,Víctor e Penelas).

O medio fondo e o fondo cumpriron, entregando o mellor deles, tanto Asensio, (moi loitador), como Javier Fdez.(800 m.l) e Suso Fernández (3.000 m.l). Nos obstáculos, Gilberto aseguraba un moi bó segundo posto, mentres que Borja Rey firmaba unha boa actuación no 400 m.v. Por último, os velocistas Vicente en 100 m.l e Agustín en valados, cumprían de sobra.
As mulleres foron a nota de excepción. Con 3 ausencias en outras tantas probas, tan sólo 1`5 pts, nos privaron de un merecidísimo 4º posto. En primeiro lugar a nosa admiración polas xóvenes relevistas do 4x100 (o equipo cadete, Cris,Yoli,Miriam e Lucy). Qué relevo tan bonito e qué ben o fixeron.

O 4x400 m.l foi un exempro de pundonor(Mónica moi rápida, Angela, Beatriz e Mª José).
Nos lanzamentos, a nosa Ana Raquel facía un moi bon concurso de disco e cumpría de sobra no peso.Laura, aseguraba os puntos do martelo e Angela aseguraba a xabalina.
Os saltos foron sen dúbida unha fonte de puntos. Raquel Lamerio volvía a gran competición con un excelente 11.15 m. no triple, mentres que Lorena nos regalaba o único triunfo en altura, con 1.60 m. Na lonxitude Leticia Gil perdía o 1º posto no último salto por 1 cm. pero quedábase con uns excelentes 5.29 m, que casi lle aseguran a mínima nacional junior. Por último, María debutaba na pértiga e aseguraba os seus puntos con 2.30 m.
As carreiras deixáronos o debut da nixeriana Florence Anozie, quen realizaba uns excelentes 200 m.l e uns espectaculares 400 m.l, sendo en ambos 2ª. A velocidade de Leticia Gil, foi moi boa cun 3º nos 100 m.l e nos 100 m.v. de Raquel Lameiro, unha auténtica lección de técnica sobre a valla.

No medio fondo e no fondo os nosos parabéns a Tania Prieto, Beatriz e Violeta, porque puxeron todo o que tiñan, destacando esos 11'05" de Violeta no 3000 m.l que milloró en 45" a súa marca anterior.
E agora a esperar se os homes acada nunha boa puntuación que lles permitan entra na fase de ascenso a 1ª división.
1 comentario:
Da gusto ver, que ano tras ano seguides mostrando que sodes o mellor club de galicia cun presuposto modesto.Noraboa.
Publicar un comentario