viernes, 24 de abril de 2009

COMPETICION

Volta a Competición Escolar, esta vez os neno-as do noso club desprazaranse ata as pistas de Monterrei para desputar a Fase Previa Provincial, unha competición onde se espera numerosa participación e disputaranse todas as probas do programa escolar.



Dispois de percorrer as ruas de Paris, e case sen tempo para recuperarse, os nosos maratonianos Carlos Revuelta e Miguel Angel Martinez, volven a outra aventura, esta vez a Maraton Popular de Madrid, o proximo domingo as cores do club percorreran as ruas de Madrid.

WEB OFICIAL

O proximo domingo Vilagarcia de Arousa acolle a sua 1/2 Maraton "Carreira pola igualdade" e ata alá desprazaranse un nutrido grupo de atletas, destacando a participación do atleta alaricano Victor Conde ou o barquense Javier Fernandez entre outros.


Un grupo de atletas do club participaran na primeira xornada do Campionato de España de clubes de 1ª division, categoria na que milita o Ourense Atletismo, xa que o noso club e un dos equipos asociados do Ourense.
No equipo femenino, o Ourense conta coa presenza de Leticia Gil, Laura Perez, Lorena Guitian e Maria Gonzalez.
E no equipo masculino un so atleta, o nixeriano N'kami Edu.

MAIS INFORMACIÓN

No hay comentarios: