jueves, 27 de enero de 2011

RESULTADOS

8 MEDALLAS PARA O CLUBE ADAS NOS GALEGOS ABSOLUTO E PROMESA DE P.C.

Excelente xornada a que vivimos este fin de semana no Palacio de Deportes de Riazor. De novo os nosos atletas estiveron a unha gran altura, destacando o Cto. Galego absoluto de Leticia Gil no salto de lonxitude e un excelente salto de 5.62 m. que se convirten na sua mellor marca persoal.Por suposto, tamén se levou o ouro na categoría promesa.
En canto as 2 medallas de prata, foron para un espléndido Cristian Díaz, que facía 8.48" nos 3000 m. e para un non menos fantástico David Barreira no salto de altura, que con un salto de 1.83 lle valeu tamén a mínima para o nacional xuvenil de p.c.
A medalla de bronce correspondería a un magnífico Lito, no triplo, con un salto de 13.30. 4º posto para Manuel Alvarez con 13.07 m.
Outra das destacadas foi a promesa Lucía Seijas, que se levaba 3 medallas de ouro na categoría promesa, 50 m.l.,peso, e altura, mentras que acadaba o bronce en lonxitude.
Estiveron a gran altura, Raquel Lameiro, que se meteu na final de 50 m.v., María González, 5ª en 800 m.l. con marca persoal, e Juan Olveira nos 50 m.l.
Os xóvenes foron collendo experiencia, Antía en peso e 50 m.v., Ibonne e Elba en peso e por suposto, Lucy en 50 e 200 m.l. asi como Rivero en 800 m.l.

Saul Ordoñez e Violeta Portero acadarían a 3ª posición nos autonómicos de Castela e León na proba de 3000 m.l. xuvenil fem. e masculino.

RESULTADOS

1 comentario:

CLUB A.D.A.S O BARCO dijo...

lo siento amigos, pero falta parte de la crónica, por un error al tocar una tecla. Continua en la siguiente. repito mis disculpas.