martes, 13 de mayo de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO PISTA AIRE LIBRE
Fuenlabrada 10/11 de maio do 2008
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARATÓN VETERANOS
Vitoria 11 de maio do 2008

Os atletas Luís Fernando Moro e Manuel Prieto foron os primeiros atletas do club en participar nos Campionatos Nacionais.

O atleta do club Manuel Prieto conseguiu a 4ª praza na categoría de M-35 años no Cpto. de España de Maratón de veteranos, celebrado en Vitoria, el domingo día 11. Súa marca de 2h 35’13” valeulle un excelente 9º posto na xeral, en su debut sobre esta distancia.


LUIS MORO CAMPEON DE ESPAÑA UNIVERSITARIO EN SALTO CON PÉRTIGA


Luís Fernando Moro, proclamouse campión de España universitario na proba de salto con pértega, celebrada o sábado 10 de maio en Fuenlabrada, baixo unha choiva torrencial que propicio que tan só o atleta valdeorrés realizara saltos válidos sobre a única altura que intento (4.45) e que lle valeu o título. Luís Moro competirá novamente en Ourense o día 17 de maio, con motivo da celebración da 2ª xornada de División de Honor, e se as choivas o permiten, intentará acercarse o récord galego que él mesmo posúe de 5.30 metros.




CAMPIONATO GALEGO DE 1/2 MARATÓN
Vilagarcia 11 de maio do 2008

No Campionato Galego de ½ Maratón, celebrado en Vilagarcía, no que tiñan que dar tres voltas a un circuíto de algo mais de 7 km e completamente chan, a nosa única representación foi a do atleta de Viana do Bolo, Tomás Fraíz, rematou 143º na xeral e 3º na categoría promesa, mellorando a súa marca persoal e deixándoa en 1h27’24”.


RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO XUVENIL PISTA AIRE LIBRE
Santiago 10 de maio do 2008

A pista de atletismo da Universidade de Santiago acolleu o sábado pasado o Campionato Galego Xuvenil.
Os nosos atletas colleitaron un total de 10 medallas (1de ouro, 4 de prata e 5 de bronce) pódese considerar unha boa recompensa debido o gran traballo feito por todos eles.
Destacaremos a Leticia Gil, por que foi a única atleta do club que conseguiu tres medallas, ela é a campiona galega no salto de lonxitude e sería subcampiona nos 100 m. valados e no salto de altura.
Con dúas medallas, Carlos Revuelta 2º no lanzamento de disco e tamén foi 2º no martelo, nesta proba, houbo un gran nivel, onde o gañador Pablo Denis é un dos mellores especialistas de España e o noso atleta rebasou a barreira dos 60 m.
Elba Arias conseguirá outra dúas medallas, o 3º posto en unha moi boa carreira nos 100 m. valados e tamén 3ª no lanzamento de xavelina.
Con unha medalla, Ruben Simón 3º no lanzamento de disco, tamén 3º Diego Teixeira no salto de altura e por ultimo a lanzadora Laura Pérez sería 2ª no lanzamento de disco.
As atletas Cristina Fdez. e Angela Rodríguez participaron nos 400 m.l clasificándose as dúas para a final, onde foron 6ª e 7ª respectivamente.

RESULTADOS


CAMPIONATO PROVINCIAIS ESCOLAR INDIVIDUAL
Complexo Deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) 10 de maio do 2008
"O ADAS-Proinor obtén 32 vitorias e máis de 60 medallas no Campionato Provinciais Escolar de Atletismo."

Un total de 32 vitorias y mas de 60 medallas foron el botín del Club ADAS-Proinor de O Barco en los Campionatos Provinciais de Atletismo Escolar, celebrados nas pistas de Monterrei o pasado sábado. Ademais dos 32 triunfos individuais os valdeorreses vencían na clasificación por equipos en todas las categorías, benxamíns, alevíns e infantís.Dentro das actuacións individuais, destacaron as marcas e as vitorias de Enma López (ADAS), no 60 m. e lonxitude na categoría benxamín; Cristián Fernández (ADAS) na lonxitude, 80 vallas e peso infantil homes; Lorena Guitián (ADAS) en lonxitude e altura infantil feminino, Cristina Robledo (ADAS) en 80 y 150 infantil feminino, tamén lograron marcas destacadas os atletas de A Limia, Daniel Devesa en 500 m. alevín homes; Aida Martínez en 1000 benxamín, a valdeorresa María González na pértega, o Agustín González nos 2000 m.lisos.Na clasificación por equipos, merecen unha mención especial os podios en benxamín e alevín da Escola Alegría de Viana do Bolo, que tiveron en José Elaa e Iago Bembibre a dous das súas mellores bazas.

RESULTADOS


XXXV TROFEO BOA VILA . 2ª Xornada " Supermercados Froiz "
Centro Galego de Tecnificacion Deportiva (Pontevedra) 09 de maio do 2008

O atleta veterano Xulio Ventin participou no "Trofeo Boa Vila" en Pontevedra, no salto con pertega, saltando 3,40 m., con este salto remataria 3º.


RESULTADOS


4ª XORNADA "COPA DEPUTACIÓN"
Complexo Deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) 11 de maio do 2008


O pasado domingo celebrouse unha nova xornada da ”Copa Deputación”, esta vez nas pistas de atletismo do Complexo deportivo de Monterrei.
Foi escasa a participación de atletas do club, ata ala desprazáronse catro atletas, destacar a Gilberto Álvarez que participou nos 3.000 m.obt., correndo practicamente el solo, remataría nun tempo de 9:46.29 que seria a súa mellor marca da tempada, os velocistas Víctor Rojo e Lino Díaz participaron nos 100 m. lisos facendo 12”59 e 12”85 respectivamente.No lanzamento de martelo participaría o atleta cadete Ruben Andrade, realizando o seu mellor lanzamento sobre 26,74 m.


RESULTADOS


101 KM DE RONDA
Ronda 10/11 de maio do 2008

Este fin de semana fue mi tercera participación en los 101 km de Ronda.
Si ya son duros los 101 km. este año se hicieron mucho mas duros a causa de la lluvia que nos acompañó en gran parte del recorrido.
Y si la lluvia es incómoda, el barro de los caminos os podeis imaginar. En unos sitios pegajoso que parece que no te despegabas del suelo y en las bajadas se convertía en una pista de patinaje, y encima de noche, y con un frontal que no alumbra todo lo que uno quiere.
Y a la lluvia le sumamos el frío. Pero bueno, ya vale de contar penas.
En resumen, los kms finales fueron una odisea, y eso hace que la satisfacción por acabar sea mayor. Y encima el tiempo final fue similar al del año pasado. 13 h. 32´
La organización, bajo mi punto de vista, una vez mas, casi perfecta.
Hasta la próxima edición, que los 101 enganchan...

Comentario de Ricardo Vieites


XIX CARREIRA POPULAR DE FERREIRÚA
Ferreirúa - A Pobra de Brollón - (Lugo)
11 de mayo de 2008


No pobo de Ferreirúa en A Pobra de Brollón celebrou un ano mais a súa ½ Maratón e Carreira Popular.
Ata alá desprazouse un bo grupo de atletas do club,a mellor clasificación sería para Jose Mª Dosouto que remataría 39º na xeral e 4º na categoría M-50.
Por outra parte o atleta de Arcos, Manuel García Alfonso vencería na súa categoría M-60.
Tamén participarían os atletas:
Miguel Ángel Fernández Rodríguez, José Luis Rodríguez Feás, Joaquín Benito Rodríguez Novoa e Francisco Bao Estévez.


RESULTADOS

jueves, 24 de abril de 2008

RESULTADOS

Campeonato de España Veterano media maratón
Oviedo 20/04/2008.

El pasado fin de semana se celebro el campeonato de España Veterano de media maratón en Oviedo, con una alta participación de atletas veteranos, en la que estaban presentes, una buena parte de los mejores fondistas veteranos de España.
Hasta Oviedo se desplazaron los atletas Carlos Revuelta Méndez y Miguel Ángel Martínez Fernández para representar al club y recorrer los 21.097 m. de la prueba. En una jornada con buena temperatura, sin lluvia ni viento, hicieron notar los colores del club por la calles del Oviedo y tras recibir numerosas muestras de apoyo y cariño por parte del publico finalizaron la prueba con modesto tiempo de 1 h 55 ´, pero con muy buenas sensaciones ante la inminente participación de ambos atletas en el próximo Maratón de Madrid del día 27/04/2008, que supondrá el debut de Miguel Ángel Martínez Fernández en está distancia.




RESULTADOS

La Delegación en Ourense de la Federación Gallega de Atletismo, con bastante retraso por dificultades tecnicas acaba de publicar los resultados de las pruebas disputadas hasta ahora, correspondientes al calendario de pista al aire libre



RESULTADOS FASE PREVIA O BARCO
RESULTADOS FASE PREVIA MONTERREI
RESULTADOS 1ª XORNADA COPA DIPUTACION
RESULTADOS 2ª FASE PREVIA MONTERREI
RESULTADOS 2ª XORNADA COPA DIPUTACION

jueves, 17 de abril de 2008

PROXIMA COMPETICION

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES
O Ferrol 19/04/2008


O vindeiro sábado celebrarase en las pistas de atletismo de A Malata en O Ferrol, o Campionato Galego de Club.
O noso club participara o final co equipo masculino, xa que o equipo feminino, que o principio estaba inscrito non participara debido as baixas de varias atletas e non cumpren o mínimo de probas para puntuar coma equipo.
En canto o equipo masculino, en principio non haberá baixas e contase con todos os atletas dispoñibles e o obxectivo e repetir o fantástico carto posto conseguido o ano pasado en Vigo, debemos recordar que os tres primeiros son equipos de división de Honor R.C. Celta de Vigo, S.G. de Pontevedra e o Ourense Atletismo .
Contaremos coa participación de Luís Fernando Moro na pértega e o salto de altura,o Campión do Mundo Veterano Luís Nogueira na xavelina o a participación do Campión de España de probas combinadas veterano Xulio Ventin, e o mellor fondista do club Gilberto Álvarez.
Pero eles solos, non fan un equipo sen os demais compañeiros e algúns chegan a esta competición en moi boas condicións:


- 100 m.l Diego Teixeira - Salto de altura Luís Fernando Moro
- 200 m.l Bruno de Sousa - Salto de lonxitude Mario Romano
- 400 m.l Bruno de Sousa - Salto con pértega Luís Fernando Moro
- 800 m.l Gilberto Álvarez - Triplo salto Mario Romano
- 1.500 m.l Alberto Asensio - Lanzamento de peso Jesus García
- 3.000 m.l Manuel Prieto - Lanzamento de disco Juan Carlos Lareo
- 110 m.valados Daniel Barja - Lanzamento de xavelina Luís Nogueira
- 400 m.valados Borja Rey - Lanzamento de martelo Xulio Ventin
- 3.000 m obstáculos Gilberto Álvarez
- 5.000 m. marcha Marcos Carracedo

4X100 (Lino, Vicente, Jesus, Diego)
4X400 (Alberto,Miguel,Tomás, Manuel)


viernes, 11 de abril de 2008

RESULTADOS

MEDIA MARATON GRAN BAHIA ( VIG-BAY )
Vigo 06/04/2008

O pasado fin de semana celebrouse a Media Maratón Gran Bahia con saída na Praia de Samil en Vigo e a chegada na localidade de Baiona tras percorrer os 21.097 m.
Bo clima, soleado e con moi pouco vento, animou que a xente participara tanto coma atleta e como espectador, conseguindo record de participación.
Moi boa participación de atletas valdeorreses, cerca da ducia, destacando o atleta Manuel Prieto como primeiro dos atletas do club en cruzar a meta, os seguintes atletas serian Manuel Rodríguez no posto 299º, moi boa carreira de Ruben Marcos León que remataría no posto 309º, o atleta de Viana do Bolo Tomas Fraiz, a pesar dos seus problemas estomacais chegaría a meta no posto 411º, posto 910º para o ultrafondista de Pobra de Trives Jose Ricardo Vieites, 1.278º Jose María Dosouto, 1.350º Miguel Angel Martinez, 1.428º para o atleta de Arcos Manuel García, 1.657º Carlos Revuelta,1.701º Miguel Angel Gonzalez, 2.190º Joaquin Benito R. Novoa.
Tamén participaron o atleta Xavier Fernández que tivo que abandonar a carreira debido a unha lesión cando percorría o km 12 e o pintor local afincado en Vigo Xerardo Rodríguez que e un asiduo as populares polo Barco.



CRITERIUM GALEGO DE LANZAMENTOS DE PRIMAVERA
Lugo 05/04/2008

Sobresaínte para os nosos lanzadores que se desprazaron ata Lugo, as boas marcas realizadas na xornada do sábado recoñecen o bo traballo que están a realizar na tempada.
Carlos Revuelta Jr. remataría 2º no lanzamento de martelo cunha mellor marca de 58.26 m e a súa compañeira Laura Pérez con 35.55 m. conseguiría a marca mínima para asistir o Campionato de España Xuvenil.
Jesus García no lanzamento de peso faría a súa mellor marca persoal 12.65 m, conseguindo o 2º posto sénior.
Carlos Revuelta Jr. participaría de novo, pero esta vez no lanzamento de disco rematando tamén 2º e moi cerca da marca mínima para o Campionato de España xuvenil e a súa irma Ana Raquel Revuelta lanzaría o disco a 29.53 m.
Na xavelina, o veterano Luís Nogueira remataría 2º sénior cunha marca 63.43m e Jorge Prada (OAAP) 3º con 60.94 m, dista vez Nogueira pudo con Jorge.

viernes, 4 de abril de 2008

PROXIMA COMPETICION

O sábado na pista de atletismo do estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo acollera o Criterium galego de lanzamentos de Primavera que presenta como novidade que os atletas foron “invitados” polo responsable do sector de lanzamentos na F.G.A D. Raimundo Fernández.
Ata alá desprazarase Luís Nogueira e Jorge Prada na xavelina, Martín Fernández o disco, Jesus García o lanzamento de peso e Carlos Revuelta o martelo.


Mentres nas Pistas do Complexo Deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar, celebrase a 1ª Fase previa para a zoa de Ourense, e alá debutaran os nenos e nenas de Xinzo que este ano están no club e algún atleta de O Barco.

Xa na xornada matinal do domingo o Estadio Municipal de Calabagueiros en O Barco, acollera a 1ª Xornada da XXV Copa Deputación.

Tamén o domingo celebrase en Vigo a IX Media Maratón Gran Bahía ou mais coñecida coma Vig-Bay, xa que a saída es en Samil – Vigo e a meta en Baiona, o club presentará un bo numero de efectivos na saída, Carlos Revuelta, Manuel García, Miguel Angel González, Miguel Angel Martinez, Jose Ricardo Vieites, Xavier Fernández, Tomás Fraiz, Ruben Marcos León e Manuel Rodríguez, xa confirmaron a súa presenza na proba.

MÁIS INFORMACIÓN:






jueves, 3 de abril de 2008

RESULTADOS

1ª XORNADA PREVIA DE ATLETISMO ESCOLAR
Estadio Municipal de Calabagueiros (O Barco) 29/03/2008

O sábado nas pistas de atletismo de "Calabagueiros", cun tempo primaveral e cunha organización excelente, celebrouse a 1ª xornada previa de atletismo escolar cunha sorprendente e grata participación de nenos e nenas.

As pistas de atletismo cunha gradas cheas de pais, familiares e amigos que cos nosos berros de alento e miradas de orgullo viamos como os nenos disfrutaban co deporte.

Esa tarde saiamos das pistas ca satisfacción de poder ver unha competición en O Barco, de ver que o atletismo nesta comarca crece dia a dia e como os nenos se esforzan para demostrarnos que o importante non é gañar, se non, chegar a meta.

Destacar a participación de atletas do "Ben Cho Sey" de Pereiro, xenialmente dirixidos polo noso amigo Germán, tamen houbo atletas da Escola municipal de atletismo de Ourense e os nosos amigos do Bierzo co Atletismo Ponferrada.

CARREIRA POPULAR DE A MERCA
A Merca 30/03/2008

"Manuel Prieto imponse na popular de A Merca"
Volta forte Manuel tras unha lesión que o mantivo apartado das competicións, perdéndose a mais importantes o Campionato Galego de cross e a oportunidade de disputar o Campionato de España de cross de clubs.
Na popular de A Merca, Manuel Prieto e o seu compañeiro de equipo Elpidio Gomez, foron deixando atrás os seus rivais cun forte ritmo , chegando os metros finais ambos atletas resultando vencedor da proba Manuel sobre o seu compañeiro Elpidio.
Nesta carreira tamén participou o atleta pontevedrés afincado en O Barco Jonathan Rodríguez.
Na carreira de menores na categoría feminina tería outra atleta do club como vencedora, a atleta de Xinzo Tania Prieto.


10KM CIDADE UNIVERSITARIA
Vigo 30/03/2008

“10 Km Cidade Universitaria” en Vigo, nunha proba de gran calidade onde participaban atletas galegos e atletas portugueses, un circuíto moi exixente polas calles do campus de Vigo e o día frío o atleta Ruben Marcos León, foi a nosa representación rematando no posto 88º e invertendo un tempo de 39’ 17”, o rematar a proba Ruben comentábanos a súa ledicia “a pesar do frío e do vento que había acabei 88º e puiden baixar dos 40 minutos nos 10 km en ruta por primeira vez na miña vida. Espero que este esforzo non me pase factura en la VigBay .”


RESULTADOS

viernes, 28 de marzo de 2008

PROXIMA COMPETICION

Comeza a pista o aire libre e voltan as carreiras populares.

O vindeiro fin de semana comeza a pista o aire libre, con varias xornadas en diferentes zoas da nosa comunidade.

Nas pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros, celebrarase a 1ª xornada previa do atletismo escolar, probas que darán comezo as 16:00 h. se prevé unha boa participación xa que confirmaron a súa asistencia os equipos da comarca e da comarca veciña de O Bierzo. A organización xa leva varios días en funcionamento para que as probas e a instalación funcionen en boas condicións.

O sábado a mañá en Vigo, celebran nas pistas de atletismo de Balaidos o Trofeo Reconquista con un amplo programa atlético. Tamén o sábado de mañá, en Lugo, celebrase un control de probas na Pista de atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Seguramente en ambas probas haberá participación dos nosos atletas.
MAIS INFORMACIÓN - VIGO -
MAIS INFORMACIÓN - LUGO -

Xa o domingo a mañá no Concello de A Merca celebrase unha nova edición da súa Carreira Popular.
MAIS INFORMACIÓN

jueves, 20 de marzo de 2008

RESULTADOS

CAMPIONATO DO MUNDO VETERANO DE PISTA CUBERTA
Clermont Ferrand (Francia) 17-22/03/2008


“Xulio Ventin, 12º na pértega no Cpto. do Mundo Veteranos de pista cuberta”


Xulio Ventin, a pesar de lesionarse no quentamento, logrou rematar o seu concurso no Campionato do Mundo de veteranos de pista cuberta, unha proba que se celebrou no “Stadium des Cézeaux” da localidade de Clermont Ferrand- Aubiére (Francia)
A marca de 3,40 m. en M-45, no lle fixo xustiza o actual campión de España de pista cuberta, que terá que esperar outra ocasión para billar nun campionato internacional.


Parabéns a Xulio pola túa tempada de inverno e a poder facelo inda mellor no aire libre.


RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA
Oviedo 15/03/2008

“Lorena Guitian, finalista no seu 1º Campionato de España.”

Un 8º posto foi o botín do club nos campionatos de España cadete de pista cuberta celebrado no Palacio dos Deportes de Oviedo.
Lorena,que participaba por primeira vez nun Campionato de España, foi a Oviedo na súa especialidade o salto de altura, so puido saltar 1.56 m. e rematou 8ª e marchando cun mal sabor de boca de non aproveitar unha oportunidade de mellorar a súa marca persoal.


RESULTADOS


CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE PISTA CUBERTA
San Sebastian 15-16/03/2008

“Leticia Gil cumpriu nos 60 m. valados e non puido participar no salto de lonxitude.”

Leticia foi ata San Sebastián coa intención de mellorar a súa marca nos valados e conseguiuno sen problemas, o pase a final estaba complicado e haberá que esperar o aire libre para intentar esa empresa.
O final 9”52 , 7ª na súa semifinal, o que augura unha boa sensación de cara a pista o aire libre.
En canto a lonxitude, pouco podemos dicir, perdeuse unha oportunidade de acadar unha medalla, un problema de coordinación co horario da cámara de chamadas privouna de participar na proba.


RESULTADOS



5º TROFEO DE MARCHA
Santa Eulária de Rius 15/03/2008

Participación do atleta valdeorrés Jose Fernández no Trofeo de marcha organizado en Santa Eulária des Riu .
Jose participaba nos 20 km sénior masculino, unha proba internacional e onde estaban parte dos mellores atletas españois do momento, rematou no 12º posto cunha marca 1h 39’ 36”.


RESULTADOS

viernes, 14 de marzo de 2008

PROXIMA COMPETICION

LETICIA GIL EN DONOSTI E LORENA GUITIAN EN OVIEDO, REPRESENTAN O CLUBE ADAS PROINOR NOS CPTOS. DE ESPAÑA DE PISTA CUBERTA.


O sábado 15 e o domingo 16 de febreiro, celebrase en Donostia e Oviedo os Cptos. de España de p.c. nas categorías xuvenil e cadete respectivamente. na categoría xuvenil, a atleta do noso Club ADAS-Proinor, participara nas probas de 60 m.v. e salto de lonxitude. O obxectivo da valdeorresa e intentar acadar as semifinais en vallas e acadar un posto de finalista en salto de lonxitude, así como mellorar a súa marcas nas dúas especialidades.Pola outra banda, Lorena Guitian, na categoría cadete, parte como unha das favoritas para subir o podio na proba de salto de altura que se celebrara no Principado. Proba na que hai 6 atletas que posúen a mesma marca de 1.61 m., que acredita Lorena ou 1.60 m. a igualdade será a nota predominante, pero o que parece claro e que si Lorena esta na súa marca, podería voltar de Oviedo con unha medalla no seu peto.



V TROFEO INTERNACIONAL DE MARCHA 08
Santa Eularia (Ibiza) 15/03/2008

O atleta valdeorrés José Fernandez desprazase ata Ibiza para participar neste prestixioso trofeo de marcha.

José Fernandez volvera a competición dispois do Campionato de España en Castro Urdiales e participará na proba senior, onde percorreran a distancia oficial de 20 km. nun circuito de 1km.
Foto Cortesia de Juan Luis Ramilo

MAIS INFORMACIÓN

sábado, 8 de marzo de 2008

ENTREVISTA

No xornal local "O Sil" ven de publicar unha entrevista co noso atleta veterano Carlos Revuelta Mendez.
Texto orixinal de Ángeles Rodríguez.
Fotos cortesia de Carlos Revuelta Mendez.


O atleta Carlos Revuelta ven de iniciar en Marraquesh o reto deportivo de correr maratóns nos cinco continentes.

Encadeando kms.

Pouco importa que agora necesite unha hora mais que cando comezou a correr en 1983 para completar a distancia de 42,195 kms.Para Carlos Revuelta Méndez, corredor de maratóns do Club ADAS, ”O máis importante é poder seguir participando e servir de estímulo os máis xoves” Unha afirmación que demostra cun apretado calendario nesta tempada, no que pretende correr oito maratóns a máis inmediata será a de Barcelona, o 2 de marzo. Xa a medio prazo, este atleta valdeorrés plantéxase un reto deportivo mais ambicioso: correr nos cinco continentes. De momento este obxectivo cumpriuno en África, xa que correu na Maratón de Marraquesh (Marrocos) o 27 de xaneiro, na que invertiu 4h18’.
Para o 2009 prepara xa a súa participación en dúas probas en Sudamérica: a Maratón de Panamá e a Transatlántica, que une os océanos Pacifico e Atlántico, o longo de 90 kms de percorrido. “Iso será un reto para min, porque nunca corrín mais de 60 kms, e seguramente fareina co meu irmán” di o atleta. Di que non aspira a marcas, pero confesa que leva “ como medalla” o feito de non terse retirado nunca dunha carreira, “ todas nas que saín, acabeinas”. O seu soño, poder chegar a correr na maratón de Nova York ou noutras como a da Muralla China e a das Cataratas do Niágara, “porque son sitios que realmente son espectaculares, pero non sei se o lograrei”.
- Leva preto de 25 anos correndo maratóns, ¿ qué é o que engancha desta modalidade ?
Dende que era ben pequeno gustoume correr e participar en carreiras. Os 19 anos fixen unha media maratón e enganchoume. Con 23 anos corrín a primeira maratón, a de Valladolid, xa non existe, e realmente a satisfacción e as sensacións que tiven nesa carreira non son capaz de explicalas con palabras. A emoción da saída, dende os momentos dos preparativos, porque levas meses organizando esa proba e soñando con estar nela. Logo o verse rodeado de xente de diferentes países e condicións, de todas a idades, xente que ven só por participar dende moi lonxe. E dispois cando empeza a carreira todo o que vai sucedéndote fisicamente ó longo dos quilómetros e o que che pasa pola cabeza ata os últimos quilómetros. Éstes son realmente emocionantes. Os últimos 400 ou 500 metros nos que acostuma haber moita xente aplaudindo, nos que a veces soa a musica, nomeante pola megafonia…sentes unha gran emocion por dentro e unhas gañas de adicarlle todo o teu esforzo á xente que xa non está, os amigos que corrian e xa non o fan por lesións. Adícasllo a eles e pensas, ”outra máis conseguida ”. E unha emoción moi grade e ademais cada maratón que corro emociónome mais e vou reenganchando. É unha loucura, pero creo que a todos teñen corrido algunha vez maratón, pásalle o mesmo.
- Sen embargo, houbo unha paréntese de tempo na que deixou o atletismo…
Fixen unha paréntese pola miña actividade politica hai uns anos e agora volvín a correr co equipo de veteranos do ADAS, e sobre todo na especialidade que máis me gusta, a maratón.
- ¿ Cómo xurde o proxecto de correr nos cinco continentes ?
Estaba un pouco canso de facer maratóns por España, onde as coñezo case todas, e decidín empezar a correr no estranxeiro. Comecei en decembro do ano pasado en Lisboa, gustoume a experiencia de correr fora de España, de intercambiar experiencias on xente doutros países e de sentir o orgullo de levar a camiseta do club, as bandeiras de Galicia e de España. Logo plantexeime o reto de ir a Marrocos á Maratón de Marraquesh en xaneiro e acabeina. Agora gustaríame correr nos cinco continentes. De momento teño Europa e África e para o ano que ven teño pechada a de Panamá.O de Asia e Oceanía xa vai ser máis complicado, pero haberá que tentalo.
- ¿Con qué criterios selecciona as carreiras ?
Pola proximidade. Gústanme as maratón cércanas a Valdeorras como a de Toral (León), a de Penedos do Lobo (Manzaneda), a de Ourense e a de Tui… E no caso do estranxeiro tamén seguín o tema da proximidade. Acabo de vir de Marraquesh e no outono farei a de Porto (Portugal), tamén moi próxima.iña o propósito de correr en Cracovia (Polonia), pero vai ser moi complicado polos viaxes. Resulta difícil conseguir voos que sexan compatibles co meu traballo e terei que deixala. Posiblemente corra nesas datas o Campionato de España de veteranos en Vitoria.
- ¿Qué outro retos se plántexa?
Ata agora o máximo que corría eran 5 maratóns nun ano e estou coa ilusión de correr unhas 8 ou 9. Os que corren de verdade non acostuman facer máis de 3 por ano,pero van a uns ritmos moi rápidos. O que eu fago é practicamente pouco máis que ir andando, vou a uns ritmos de 6 minutos o quilómetro e iso e moi levadeiro. Sofren as pernas e a mente, pero o corazón non traballa a un ritmo agobiante, pódese facer e a verdade que me sinto moi a gusto. Superei tamén unha serie de enfermidades e lesións e, mentres o corpo aguante , vou estar aí.
- ¿Qué tipos de adestramentos segue ?
Levo unha media máis ou menos de 10 kms diarios e veño adestrando uns 6 días a semana Un dia por semana acostumo facer unha distancia longa de 20 ou 25 kms. Como non aspiro a marcas nin nada de iso, non estou facendo practicamente series nin cambios. Levo un adestramento moi sinxelo.

jueves, 6 de marzo de 2008

RESULTADOS

MARATÓ DE BARCELONA 2008
Barcelona 02/03/2008

Este pasado domingo 2 de marzo, dos de nuestros atletas veteranos del Club ADAS, Manuel García Alfonso y Carlos Revuelta, se desplazaron hasta Barcelona para participar en la multitudinaria maratón de la ciudad condal. Más de 9000 atletas, la mayor parte de ellos extranjeros, tomaron la salida a las 8:30 de la mañana para recorrer las principales calles y monumentos de la bella capital catalana. Muchísimo ambiente con cientos de miles de aficionados abarrotando las aceras y aplaudiendo constantemente a los corredores. Algo de viento racheado y una temperatura bastante calurosa para esta época del año, impidieron la consecución de mejores marcas.
Al final y como ya nos viene acostumbrando, Manuel García Alfonso se coló entre los mejores de su categoría de mayores de 65 años, y eso a pesar de correr gran parte de la prueba con un fuerte dolor en uno de sus talones, acabando la misma en 3 horas y 42 minutos.
Por su parte, Carlos Revuelta, realizó una gran maratón, yendo de menos a más, lo que le llevó a realizar la segunda parte en siete minutos menos que la primera, para concluir en 4 horas y 1 minuto, lo que supone su mejor marca de los últimos años.
Gratísima experiencia pues para ambos corredores, que ya preparan junto a otros compañeros del Club ADAS su participación en la VIG-BAY del próximo mes de abril.


RESULTADOS

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVES POR CLUBES
Hipodromo de la Zarzuela (Madrid) 02/03/2008


Se fai uns días, os atletas do equipo sénior de cross fixeron historia no Campionato Galego de campo a través, por primeira vez na historia do club, o lograr o terceiro posto, volvese a facer historia coa participación do equipo no “Campionato de España de campo a través por clubes”.
O Hipódromo de la Zarzuela en Madrid acolleu este espectacular campionato, cerca de 2.400 atletas y 177 clubs de toda España, un circuíto en moi boas condicións e unha boa climatoloxía que acompañou os atletas e o numeroso publico alí congregado.
Os nosos atletas participarían na carreira do cross largo sénior, unha carreira cun gran nivel, onde se encontraban a elite española do cross, nomes ilustres como De la Ossa(o gran dominador da proba), Alberto García, Castillejo, Eliseo Martín, Julio Rey, Ayad Lamdassem, Hicham Chatt, Abdelhadi el Mouaziz o los atletas gallegos Jesús de la Fuente, Pedro Nimo, entre outros atletas. O la presenza do equipo ADIDAS, que volvería a vencer, que no seu curriculum ten 7 títulos europeos e 10 de campión de España.
O equipo cumpriu o seu obxetivo, acabar todos, para poder puntuar e poñer o club na clasificación do campionato sen importar o posto, onde de 51 equipo iniciais, remataron 45 e o noso club seria o 42º.
No apartado individual Gilberto Álvarez, seria o noso mellor atleta rematando no posto 100º, o resto do equipo rematarían da seguinte forma, Elpidio Gomez 177º, Alberto Asensio 223º, Javier Fernández 227º e Miguel Angel Álvarez 232º e tamén participou Salvador Gamarra.
O atletismo valdeorrés non so queda na participación do club, Eva Arias, atleta valdeorresa nas filas do ” Valencia Terra i Mar” remataría 27ª no cross curto e o seu equipo proclamaríase campión de España.
O club quérelle dar a grazas os atletas que foron a Madrid e a os que non puideron ir, polo seu esforzo.
Con este Campionato ponse fin a mellor tempada de cross da historia do club.
Parabens, amigos…


miércoles, 5 de marzo de 2008

RESULTADOS

CAMPEONATO GALLEGO DE PRUEBAS COMBINADAS
Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) 1-2/03/2008

Este fin de semana en las vetustas instalaciones de Riazor se celebró el Cto. Gallego de Pruebas Combinadas, con una amplia participación y unas marcas excelentes en la mayor parte de las categorías.
Cabe destacar las marcas de Sonia Beceiro en el tetrathlon Cadete que se impuso con una marca de 2.465 ptos. contra los 2.408 ptos. de Alicia Merino. Buena marca también de Iria Martínez en el pentatlón juvenil con 2.522 ptos. Magnífica la lucha por el primer puesto en el pentatlón absoluto, donde se impuso la junior de la Gimnástica Alba Iria Liñares con una marca excelente de 3.111 ptos. a su compañera de equipo, la pertiguista Paula Campanero que alcanzó los 2.919 ptos., el tercer puesto fue para Tania Valverde con 2.866 ptos.
Buena participación en el heptathlon masculino donde se pudo ver atletas jóvenes con mucha proyección con atletas ya veteranos que todavía se pelean a nivel absoluto. Ambiente muy cordial, demostrando compañerismo y alegría cada vez que alguno realizaba una buena marca.
La victoria en la categoría junior fue para Santiago Ferrer con una marca de 4.436 ptos. que es una de las mejores del panorama nacinal. Santi estuvo escoltado en el podium por David Ferrer (3.967) y Telmo Beceiro (3.944).
En la categoría absoluta el podium fue copado por los atletas de la Gimnástica. Venció el atleta Promesa Javier Rosales con una muy buena marca de 4.731 ptos, siendo segundo Manuel Martínez y bronce Jorge Rodríguez.
En esta categoría participó nuestro atleta veterano Julio Ventín que acabó en quinta posición con 3.249 ptos., a un sólo punto del record gallego de su categoría M45. Julio comenzó la jornada mañanera del sábado bastante flojo, quedándose lejos de sus mejores registros en el 50 m. y en la longitud. Sin embargo en la jornada de tarde se portó mucho mejor lanzando el peso a unos buenos 11.48 m. y completando la tarde con el record gallego de altura con 1.61 m. El día siguiente empezó con record gallego ya que en el 50 m. vallas paró el crono en 8.86 con las vallas absolutas. Discreta actuación en la pértiga, quedándose en 3.40 m. y para terminar aceptable marca en el 1.000 de 3.22.03.
No contento con su actuación en el heptathlon y después de la paliza que supone el acabarlo, animado por sus atletas participó en el trofeo Riazor lanzando el peso (11.00 m.) y saltando triple. En esta prueba también estableció un nuevo record gallego de su categoría yéndose a 11.21 m.
Julio, aunque cansado, terminó este fin de semana muy contento fundamentalmente por encontrarse físicamente entero y, como no, por las buenas marcas que realizó, a pesar de que, como dijo uno de sus atletas, “apenas sin entrenar”.

RESULTADOS

martes, 4 de marzo de 2008

RESULTADOS

1ª COPA XUNTA DE GALICIA DE CATEGORIAS MENORES EN P.C.
Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña) 01/03/2008


"EXHIBICION DO ADAS PROINOR NA 1ª COPA XUNTA DE GALICIA DE CATEGORIAS MENORES"

16 medallas individuais, 2 triunfos por equipos e un subcampionato, foi o excelente balance dos mais pequenos na 1ª Copa Xunta de Galicia de categorías menores en pista cuberta, celebrada no Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña o pasado 1 de marzo.
Unha vez mais os cativos e cativas do noso club volveron a facer historia nos Cptos. Galegos o acadar uns excelentes resultados nesta competición.
Na categoría infantil feminina destacaremos a exhibición de Míriam Ares en 2000 m. infantil, proba que dominou de principio a fin, e na que ademais de conseguir o ouro, acadou unha nova marca persoal de 7´21´´. En canto a categoría benxamín, a gran dominadora foi unha vez mais, Emma López que venceu e convenceu no salto de lonxitude cunha estratosférica marca de 4.13 m. mentres que na velocidade volveu a realizar unha exhibición cunha marca de 7´´51. ambas marcas constitúen novos records galegos de p.c. alevín. Tamén hai que destacar outro ouro a cargo de Cristina Robledo nos 50 m.l. con 7´´08, proba na que seria segunda Lorena Guitián.
Por outra banda tamén habería dóbrete na altura co 1º posto de Lorena Guitián e María González, esta ultima batendo un novo record galego de salto de altura infantil, con 1.50 m. outras 2 medallas de prata acadaría María Glez. en triplo e lonxitude, proba esta na que Lorena seria 3ª mentres que Cristián Fdez. e Vicente Fontán acadarían outro dóbrete, esta vez en lonxitude infantil, 1º e 2º con 5.34 e 4.98 m. respectivamente.
Reseñar a medalla de bronce de Óscar Fernández en peso alevín, e a prata de Cristián Fdez. en altura , con 1.60 m. e xa por ultimo mencionar outros dos triunfos espectaculares, o de Agustín González en 1000 m. con 3´18 e o carreirón de Dani Glez. Devesa en 500, con un tempo de 1´27´´, houbo tamén varios 4º postos.
Por equipos destacar a vitoria dos alevíns masculinos e as infantís feminino e os infantís masculinos do noso club adas serian 2º.
Parabéns a todos.


RESULTADOS